O Concello de Ribadeo sinalizou nos Bloques a perigosidade que supón a zona de lodo da ría
O Concello sinalizou nos Bloques a perigosidade que supón a zona de lodo e barro da ría. A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “tras o incidente que se producía hai uns días decidimos colocar un sinal advertindo do perigo que supoñen algunhas zonas na ría nas que o barro e os lodos nos poden dar algún que outro susto. Grazas á colaboración de varios veciños e do presidente do club de remo de Ribadeo o accidente non foi a máis”.
A edil ribadense sinalou: “é preciso que sexamos precavidos, sobre todo senón coñecemos o entorno natural no que nos movemos. Nas rías e nalgunhas praias é normal encontrarse con lodos ou con lama. Por este motivo hai que ter moito coidado”.
Freire Rancaño engadiu: “desde o Concello atendemos a recomendación do club de remo e procedemos a sinalizar a zona para tentar evitar incidentes”.