O Concello de Ribadeo rehabilita varias fontes

AMariñaXa
En concreto son catro que forman parte dun proxecto denominado Fontes Vivas
18 Nov 2024

O Concello de Ribadeo inviste 20.000 euros na rehabilitación de varias fontes, grazas á colaboración da Xunta de Galicia. O alcalde, Dani Vega, explicou: “Estamos rehabilitando as fontes do noso Concello, concretamente catro nestes momentos dentro dun proxecto que temos, que se chama Fontes Vivas. Estamos a xestionar 20.000 euros da Xunta de Galicia, é dicir un orzamento que nos ven para rehabilitar todas as fontes e polo tanto o Concello non pon nada do seu orzamento, do seu presuposto”.

O rexedor declarou: “Agradecer, en primeiro lugar á Xunta de Galicia a colaboración. Segundo, temos que poñer en valor todo ese patrimonio, todo ese legado que nos deixaron os nosos antepasados, un patrimonio que nos foi regalado e agora temos a obriga de conservar. Con estes 20.000 euros estamos rehabilitando a fonte mais o lavadoiro da Graña, tamén a fonte do Valín, a fonte de Agrelo en Cedofeita, e tamén as fontes en Cubelas e en Arante nos Besteilleiros, ao lado mesmiño da estrada encóntrase unha fonte que está completamente abandonada. Abandonadas estaban todas, había unha deixadez bastante importante e o que queremos é ir poñendo en valor e conservando todas as fontes. Nestes momentos son 20.000 euros, pero imos xestionar máis na Xunta de Galicia no próximo ano e vamos así ir arranxándoas todas”.

Vega subliñou: “Queremos que ese patrimonio estea conservado. É moi importante xestionar para investir e arranxar, pero tamén é moi importante conservar o que facemos. Polo tanto, tamén vamos ter esa conservación continua para que non entren nun abandono como estaban. Toda esa recuperación, todo ese traballo, que foi unha proposta que recolliamos cando nos presentábamos as eleccións, agora xa estamos cumprindo e arranxando todas esas fontes cun orzamento de 20.000 euros coa colaboración da Xunta de Galicia”.

0.15426898002625