O Concello de Ribadeo mellorará a accesibilidade de varios espazos no casco histórico

AMariñaXa
Reformarase a Praza Pancho Maseda e a contorna das vivendas sociais da rúa Clemente Martínez Pasarón
ribadeo-Foto-praza-Pancho-Maseda
26 Nov 2024

Novo convenio da Xunta para reformar a Praza Pancho Maseda e a contorna das vivendas sociais da rúa Clemente Martínez Pasarón. O Concello de Ribadeo mellorará así a accesibilidade de varios espazos no casco histórico.

O alcalde, Dani Vega, explicou: “Seguimos investindo, seguimos mellorando o noso casco histórico. Nestes momentos estamos a traballar na praza Pancho Maseda. Que buscamos con esta mellora? A mellora da accesibilidade. É moi importante que todos os espazos públicos, todos os edificios públicos, teñan esa accesibilidade garantida. Fixémolo fai poucos días coa Escola de Música, construíndo ese ascensor e tamén eliminando as barreiras arquitectónicas, por exemplo, na porta lateral. Eu creo que é unha obra moi importante ter un novo ascensor, pero tamén é moi importante que as prazas, que os espazos públicos, teñan esa accesibilidade”.

O rexedor contou que “nesta praza, Pancho Maseda, agora no centro social hai moi actividade, hai moi persoas que acoden aí e hai que garantir tamén ese espazo seguro. Falamos, por exemplo, de que poida entrar un vehículo de emerxencias, unha ambulancia, un vehículo sanitario. Iso é o que queremos garantir, un espazo ao que poida entrar calquera vehículo dada unha dificultade. Tamén queremos mellorar todo o solo, toda esa lousa pedra. Debemos fixala, debemos colocala ben, debemos garantir a seguridade, eliminar todos eses árbores que ou estaban enfermos ou secos ou algún, dado que non se fixo unha poda, xa creou unha sobre poboación, e polo tanto non hai maneira de corrixilos, por iso se van  plantar outros árbores”.

Vega subliñou: “Tamén queremos garantir a seguridade baixando ao aparcamento da Rúa do Pobo. Hai unas escaleiras que esvaraban moitísimo. Vamos colocar unha valla para que non haxa risco de esvarar e polo tanto esa seguridade tamén garantila ou colocar unha valla nese muro final. Vamos colocar as bandeiras do Concello para sacalas do balcón, dado que producen danos, vamos colocalas tamén nesta zona. E tamén vamos mellorar todo o acceso ao edificio do Concello. Na entrada hai que arranxar as escaleiras, que están danadas, toda a rexa que está danada tamén debemos corrixila, o balcón central ten problemas porque durante os anos non houbo algún mantemento importante, tamén debemos investir aí. Ou diante da oficina de turismo, tamén vamos arranxar certas problemáticas que ten esa praza. Ou diante mesmo das vivendas sociais vamos eliminar todos eses contedores que non funcionan. Está certamente abandonado todo ese entorno. Vamos construír unha praciña, cun solo de pedra e colocar aí os contedores todos ben ordenados e unha zona de descanso para as persoas”.

O alcalde dixo que “adecentar todo o noso casco histórico, buscar a seguridade e tamén a accesibilidade son as obras que estamos realizando nestes momentos na Praza Pancho Maseda, diante tamén da oficina de turismo e tamén diante das vivendas sociais”.

 

0.16139793395996