O Concello de Ribadeo adquirirá unha rozadora para limpeza das vías

AMariñaXa
Ribadeo adquirirá unha rozadora para limpeza das vías municipais , co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo
Tractor e desbrozadora adquiridos polo Concello de Xermade
Tractor e desbrozadora adquiridos polo Concello de Xermade
11 Feb 2023

Medio Rural da Deputación de Lugo colaborará co Concello de Ribadeo na mellora dos medios para limpeza e roza de pistas e parcelas de titularidade municipal.

A institución provincial financiará a compra dunha rozadora de brazo articulado para os tractores que realizan estas tarefas de mantemento destas infraestruturas, fundamentais para a mobilidade e o desenvolvemento de actividades agrogandeiras e forestais nas distintas parroquias.

A deputada Mónica Freire lembrou que “a limpeza das vías e parcelas municipais supón un importante esforzo para os concellos, tanto en persoal como en medios, polo que desde a área de Medio Rural tratamos de apoiar os investimentos necesarios para que estes traballos se fagan da forma máis eficiente e áxil posible, pola seguridade da circulación e como labor preventiva fronte aos incendios forestais”.

Medio Rural da Deputación de Lugo destina 40.000 euros a esta colaboración co Concello de Ribadeo, que só nas parroquias rurais conta con máis de 180 quilómetros de vías e camiños municipais.

0.18113398551941