O Concello de Ribadeo aclara as críticas verquidas na seguridade da estrada do Faro

AMariñaXa
Diferentes veciños de Ribadeo veñen de criticar varios "fallos de seguridade do parque infantil situado diante da capela de San Miguel".
carril bici ribadeo construcion
carril bici ribadeo construcion
24 Nov 2022

As dúas liñas de media tensión que hai na estrada do Faro, por onde discorrerá o carril bici, serán soterradas por Begasa. Iso ocorrerá cando cheguen os informes sectoriais solicitados pola empresa a varios departamentos da Xunta da Galicia, previos para que o Concello poida outorgar licenza de obras. Así o confirmou o alcalde, Fernando Suárez, despois das numerosas queixas veciñais.

O rexedor dixo que “levamos moito tempo planificando e tentando facer un Ribadeo máis agradable, máis humano e mais adaptado para todos e todas. Hai obras importantísimas en marcha que a cidadanía pode empezar a ver como están a cambiar para ben moitas zonas do noso concello. Hai unha delas, que nos leva custado moito de todo, como é o carril bici e todo o paseo que estamos a facer na estrada ao Faro, Vilaselán, etc. Moitos recursos económicos, moitos obstáculos administrativos, unha rescisión do contrato á anterior empresa adxudicataria, un incremento enorme de custos por mor da situación de alza dos materiais, etc. A pesar de todo isto estamos saíndo adiante con todo, e de feito contamos que todo poida estar listo e rematado a final de ano”. 

Fernando Suárez comentou que “hai algún detalle que vemos que non nos está gustando como queda, pero, como todo  nesta vida ten a súa explicación: hai dous postes de media tensión que non quedan en absoluto nada ben, agora que se foi mellorando e aglomerando o pavimento da estrada. Vai para 2 anos (desde xaneiro de 2021) que iniciamos os trámites pedíndolle á empresa eléctrica Begasa que os retirara ou recuara o espazo suficiente”. 

O alcalde explicou que “neste caso, a empresa eléctrica si que tentou cumprir os  nosos requirimentos, e solicitou varias autorizacións sectoriais. Por parte da Xunta de Galicia, veu un informe desfavorable para esta actuación, por entender que debera ser soterrada e non recuada. Seguidamente, a empresa Begasa solicitou o soterrado completo da liña. Para iso tivo que pedir varios informes sectoriais (Patrimonio, Augas, Costas e Industria), previos e teñen que ser favorables para que o Concello poida outorgar licenza de obras. A día de hoxe, varios deses informes aínda non chegaron. Unha vez todos cheguen favorablemente procederase a dar a licenza de obra e esta situación desagradable desaparecerá. O Concello continúa coas súas obras por mor de telas xustificadas antes do remate do ano para non perder a importante axuda da Deputación”.

Viario que vai á Illa Pancha

Suárez Barcia tamén se referiu ao treito de estrada que vai desde a praia de Rochas Brancas ata o Faro: “por outra banda, tamén hai un bocadiño de viario público, concretamente o que vai dar á Illa Pancha que non se está arranxando porque non é titularidade do Concello se non da Autoridade Portuaria. Tamén vai para dous anos que lles explicamos o que iamos facer polo que lle pediamos que actuasen de igual xeito. Estas a comunicacións foron reiteradas ao longo do tempo. Hai escasos días, desde a Autoridade Portuaria confirmáronnos que esas obras se executarán o mais axiña posible. Como di o dito, podemos facer posible o imposible, mais milagres aínda non facemos. Confiamos que en breve por parte de Begasa coma da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao cumpran os seus compromisos e todos estes obstáculos queden resoltos dunha vez por todas.

Escola de Rinlo

O alcalde ribadense manifesto: “outra das cousas que vimos nestas últimas horas foi que algunha persoa da asociación de veciños o Cantal, de Rinlo, puxo nas redes sociais unha serie de goteiras e humidades na Escola Municipal, logo de executar alí unhas obras. Como non podía ser doutro xeito, os técnicos municipais indicáronlle á empresa executora das mesmas que fora alí. O resultado que nos trasladan foi que unha claraboia quedou aberta, non se sabe como nin porque,  e foi o motivo de que entrase a auga. Polo momento non detectaron ningunha vía mais de entrada de auga”. 

ribadeo estrada Faro torreta ANTES
ribadeo estrada Faro torreta 1
0.14232182502747