O Concello de Ourol acolle unha Ruta Indiana

AMariñaXa
O Concello de Ourol acolle unha Ruta Indiana os vindeiros 5 e 6 de agosto de 2023. Estes paseo serán polas casas máis representativas
autobus concello ourol ruta indiano
9 Xul 2023

O Concello de Ourol acolle unha Ruta Indiana os vindeiros 5 e 6 de agosto de 2023. Estes paseo serán polas casas máis representativas da arquitectura indiana da zona.

Farase en autobús de época nas que o vehículo percorrerá algúns dos puntos máis significativos e acompañando aos viaxeiros nunha singular viaxe no tempo.

Para participar será necesario a inscrición chamando ao 982 559 019.

O pasado anoa Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colaborou na mellora da sinalización turística do legado indiano en Ourol a través de placas con códigos QR e un folleto para ampliar información sobre 17 edificacións. A información está dispoñible na web de Turismo da Mancomunidade e a publicación na Casa do Concello ourolesa e tamén nas oficinas de turismo da comarca.

O presidente da Mancomunidade indicou que “a ruta propón un percorrido polo patrimonio indiano máis destacado do municipio de Ourol, abarcando quince fermosas vivendas, as antigas escolas de Merille e Vicente Casavella (hoxe Casa do Concello) e o emblemático Cemiterio de Xerdíz, construído en 1908. As dezasete edificacións atópanse identificadas con placas que conteñen códigos QR que permiten acceder á información descritiva situada na web oficial de turismo da Mariña Lucense (amarinalucense.gal), polo que tamén terán acceso a ela todas as persoas que entren nesa páxina”.

ruta indiana ourol 2023
0.22196388244629