O PSOE de O Vicedo traslada a súa aposta polo arranxo da estrada LUP6405

AMariñaXa
Os socialistas mantiveron reunións co Presidente da Deputación que realizará unha inversión para o 2025
o-vicedo-dep
5 Dec 2024

Desde o PSOE de O Vicedo trasladan que, mantiveron diversas reunións durante este ano co Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, para falar de diferentes temas de interese para os veciños e veciñas.

"Estamos encantados de que O Vicedo forme parte da maior inversión na historia de estradas que acometará a Deputación para o vindeiro 2025. Marcamos como prioridade, o arranxo en aglomerado en quente da LUP6405 O Vicedo - Vilasuso - Alto de Moreiras, actuación que se fará no próximo ano, cunha inversión de 129.791,30 euros", sinalan.

Engaden que están encantados de que o "noso traballo vaia recoller frutos tan axiña, seguiremos traballando para acadar todo aquelo que sexa o mellor para O Vicedo e as súas parroquias".

0.17357301712036