O Concello do Vicedo organiza unha excursión en caiac desde o porto
AMariñaXa
Trátase dunha excursión dunhas 2 horas onde se fai un percorrido fantástico que parte do porto do Vicedo
16 Jul 2024
Este mércores, 17 de xullo, Concello do Vicedo organiza unha excursión en caiac desde o porto do Vicedo ata o Río Sor a partir das 10.30 horas.
Trátase dunha excursión dunhas 2 horas onde se fai un percorrido fantástico que parte do porto do Vicedo, cruzando a ría para emprender a subida polo Río Sor, pasando por debaixo das pontes sobre o Río Sor, Illa de S. Martín, Negradas e rematando no entorno de Ribeiras do Sor.
É unha actividade para todas as idades que ten un custo de 17 euros por persoa, incluíndo materiais e transporte de regreso desde Ribeiras do Sor ata o Porto do Vicedo. E para anotarse haberá que chamar ao número 982 59 01 95.