O Concello de Mondoñedo despedirá o ano cunha gran festa na Praza da Catedral

AMariñaXa
Un momento para vivir unidos a entrada do novo ano cun espectáculo de fogos de artificio
mondonedo-praza-catedral-vista
16 Dec 2024

O Concello de Mondoñedo convida a toda a veciñanza e visitantes a celebrar a chegada do ano 2025 cunha gran festa de Fin de Ano que terá lugar na emblemática Praza da Catedral.

O evento comezará ás 23:45 horas do domingo 31 de decembro e contará cun espectáculo de fogos de artificio para dar a benvida ao novo ano. Desde o Concello fan un chamamento especial para que todos lembren traer as súas 12 uvas, un símbolo imprescindible para seguir a tradición de boa sorte no cambio de ano.

0.17097616195679