O Concello de Mondoñedo aprobou en pleno o orzamento para o ano 2025

AMariñaXa
Aposta polos servicios sociais e o mantemento dos servicios básicos
concello-mondonedo-edificio
29 Nov 2024

O Concello de Mondoñedo aproba o orzamento para o 2025 por un importe de 4.000.000 euros. No pleno ordinario onde, ademais do presuposto se daba conta da liquidación do terceiro trimestre, e o período medio de pago que se cifra en 2,60 días.

O informe de secretaria intervención reflicte que se cumpre estabilidade orzamentaria, cunha débeda cero unha clara aposta polos servicios sociais e o mantemento dos servicios básicos e a mellora da calidade de vida dos mindonienses .

Estes orzamentos como así o reflicte  o capítulo de gasto do persoal avanza nas melloras laborais dos traballadores  e por ende dos servicios a prestar. Con todo isto o alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, sinala que as liñas de inversión para o vindeiro ano irán na mellora das infraestruturas: "A liña de ruta de esta corporación e o  abastecemento de Valiño-Seivane , a mellora de dous tramos inteurbanos un na zona da granxa que conflúe coa Avda Bos Aires, e o outro o  arranxo do firme tamén dende o Seminario ata o cruce Avda.  Bos Aires, a humanización y prevención de espazos dentro do casco histórico sen esquecer as intervencións do Plan Urbe coa proxección de un investimento de 315.000euros  cunha inversión prevista dun millón de euros, sen esquecer as parroquias que se seguirá coa folla de ruta de estes últimos anos preveendo intervencións nas 14 parroquias a través das líneas de subvención"

Este presuposto é unha folla de ruta para o 2025 "onde a estabilidade orzamentaria  esta garantida e froito de esta dando lugar a capacidade de inversión real como así o reflicte o estado de contas cun saldo de 2.500.000 euros , a día de hoxe que permite seguir traballando na mellora de infraestruturas e servicios deixando atrás os anos de endebedamento e intervención de este Concello . Unhas contas saneadas e cos informes preceptivos onde se ten en conta as persoas e a súa calidade de vida".

0.17735409736633