O Concello de Lourenzá vai levar a cabo a sinalización dos recursos turísticos do municipio
O Concello de Lourenzá vai levar a cabo a sinalización dos recursos turísticos do municipio, concretamente do Val da Faba. O proxecto inclúe a instalación de varios planímetros culturais e varias sinais de orientación que servirán de guia ao visitante no seu percorrido polo Val no que se cultiva a faba de Lourenzá.
A cuantía do proxecto suma 18.000 euros e está financiado cunha axuda da Axencia de Turismo de Galicia. "Esta actuación permitenos mellorar a sinalización dos nósos recursos turísticos e ofrecer ao visitante unha maior liberdade para que poidan vivir a súa propia experiencia e disfrutar dun xeito máis autónomo dese percorrido", dixo a rexedora local, Rocío López.
O circuíto plantexado discorre entre hectáreas de plantacións de Faba de Lourenzá, a Área Recreativa do Muíño do Pereiro, Pazo de Tovar, Mosteiro de San Salvador, ríos, fontes, e zonas de paseo.