O Concello de Foz volve a ofrecer a cafetería bar Náutico

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz volve a ofrecer a cafetería bar Náutico, situada na praza Conde de Fontao, no edificio de Asuntos Sociais, trala renuncia na única oferta presentada.
2024 TERRAZA DA CAFETERÍA BAR NÁUTICO DE FOZ
19 Mar 2024

O Concello de Foz volve a ofrecer a cafetería bar Náutico, situada na praza Conde de Fontao, no edificio de Asuntos Sociais, trala renuncia na única oferta presentada.

O contrato sae por un período inicial de tres anos, prorrogable a outros catro e dentro do prego de condicións establécese que o horario mínimo de apertura será de luns a domingo de 9 a 21 horas e que o canon mínimo a abonar ao Concello será de 500 euros anuais. Ademais os maiores de 65 anos teñen prezos máximos establecidos, de acordo coa natureza social da cafetería.

Fran Cajoto explica que “o obxectivo do Concello de Foz é recuperar para os nosos maiores un espazo que perderan e que servirá de punto de encontro, nunhas instalacións renovadas e adaptadas a persoas con problemas de mobilidade”.

O alcalde de Foz destaca as vistas e a calidade da nova terraza que conta cunha superficie duns 50 metros cadrados, e que conta cunha entrada independente do resto do edificio de Asuntos Sociais. Reformáronse os aseos, decorouse o lugar con imaxes antigas do edificio, renovouse o mobiliario e os servizos de electricidade e auga.

0.20212507247925