O Concello de Foz retomou as obras do Bar dos Xubilados

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz retomou as obras do Bar dos Xubilados esta semana, despois de distintos atrancos polo proxecto
obras bar xubilados Foz
obras bar xubilados Foz
24 Xul 2022

O Concello de Foz retomou as obras do Bar dos Xubilados esta semana, despois de distintos atrancos e da necesidade de reformular o sistema eléctrico para independizalo do resto do edificio. Nestes momentos operarios especializados están a substituír os falsos teitos do local.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, móstrase satisfeita polo reinicio duns traballos adxudicados en setembro do ano 2021: “temos unha demora de varios meses, pero procuramos facer as cousas ben e houbo que reformular o sistema eléctrico do local. O resultado vai ser moi positivo para o colectivo dos xubilados de Foz, que perderon na anterior lexislatura unha cafetería deseñada para eles no goberno de Rivera”, explica Ana Rojo.

O alcalde, Fran Cajoto, pide desculpas polas demoras na obra pero “traballamos para axilizar todo o máximo posible, xa estamos tamén coa adquisición do mobiliario básico e na confección da decoración final. Queremos abrilo o antes posible para que o colectivo de maiores poida volver a ter o seu local de referencia. É unha cafetería independente do edificio, con horario propio e cunha terraza espectacular sobre o peirao.  Seguimos traballando”.

0.1717529296875