O Concello de Foz ingresa o donativo recadado na gala benéfica

Foz
AMariñaXa
Un evento solidario cos afectados da DINA, no que Coral Rey Oliveros foi elixida raíña do Entroido 2025
foz-doazon
13 Nov 2024

O Concello de Foz ingresa o donativo recadado na gala benéfica na que resultou elixida como raíña do Entroido 2025 Coral Rey Oliveros. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, dá as grazas pola solidariedade mostrada por todos os asistentes: “Os participantes nesta primeira gran festa do Carnaval doaron mil oitocentos corenta euros, que ingresamos integramente na conta habilitada pola Generalitat Valenciana no Banco Sabadell para os afectados pola DINA. Grazas a todos eles”.

O Banco Sabadell contribúe con un euro por cada euro aportado, polo que a achega froito da gala que servirá para atender aos afectados polo temporal, ascenderá a 3.680 euros.

0.17178797721863