O Concello de Foz conta con tres paneis informativos sobre rutas de sendeirismo

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo
paneis informativos foz 2022
16 Mar 2023

O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo que hai no municipio. Anunciouno o concelleiro de Turismo, Chema Linares, quen explica: “trátase de tres tótems a dobre cara realizados en aceiro corten nos que recollemos toda a información necesaria sobre as rutas de sendeirismo. Cada ruta aparece cun color que a identifica e cun mapa moi intuitivo e fácil de interpretar, relaciónanse os recursos turísticos ao longo da ruta e inclúe unha información técnica sobre a dificultade, a distancia e dureza da mesma, cun breve texto descritivo da ruta en galego e castelán así como códigos QR de enlace a plataformas dixitais do sector, como Google Maps, Wikiloc, Avenza, e unha selección de fotografías características das rutas”.

Chema  Linares engade que “é o resultado dun longo traballo de varios meses para recoller información, elaborar o material necesario para a súa dixitalización e a súa difusión nas plataformas mencionadas e a transferencia destes datos a estes paneis informativos”.

O concelleiro de Turismo destaca que “o concello de Foz ten a sorte de contar con numerosas rutas de sendeirismo de gran valor natural, histórico e patrimonial que levan ata a Basílica de San Martiño ou ata a Frouxeira, por exemplo, ou a miradoiros como Cornería ou o de Tamamiña. E polo tanto este traballo significa mellorar e por en valor estas rutas e únese a un plan de recuperación de paneis  informativos ao logo das rutas, como o do castro de Fazouro, moi deteriorado dende hai anos, ou o do castro de Llas; repúxose o das turbeiras, en Arealonga, e restablecéronse os vinilos da Frouxeira e Cornería, na Costa do Castro”.

Para rematar Chema Linares comenta: “estamos moi satisfeitos do traballo previo realizado para chegar á colocación destes paneis, despois de elaborar un banco de fotos, una boa cartografía, recoller toda a información e dixitalizar a mesma para que o Concello dispoña dela para o seu uso e poder repoñer os paneis cando se deterioren”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.088526010513306