O Concello de Foz adquiriu dous novos desfibriladores
AMariñaXa
A concelleira de Sanidade de Foz, Katherina Alonso Machado, informou da adquisición a semana pasada de dous novos desfibriladores.
27 Jul 2022
A concelleira de Sanidade do Concello de Foz, Katherina Alonso Machado, informou da adquisición a semana pasada de dous novos desfibriladores.
"Estes novos dispositivos súmanse aos anteriores adqueridos avanzando nun Foz cardioprotexido", dixo Alonso.
Tanto estes novos desfibriladores marca Mindray DEA, coma os xa existentes, están actualizados e poderán localizarse na app Urxencias Sanitarias 061 Galicia.