O Concello de Cervo presenta a súa axenda teatral de novembro
AMariñaXa
Serán diferentes sábados e domingos no Pavillón de San Román
1 Nov 2024
O Concello de Cervo presenta a súa axenda teatral durante este mes de novembro no Pavillón de San Román de Vilaestrofe. Inicia o Domingo 3 co Grupo de Teatro A Mariña e a obra “Teatro contra o bullying: eres único” ás 19.00 horas. O Domingo día 10 “Rosalía Café” de A Adala Futura ás 19.00 horas.
Xa o sábado 16 Pico do Castro presenta “Trato a Cegas” ás 19.00 horas. O Domingo 17 “Marina Club” de A Adala ás 19.00 horas. Para rematar, o sábado 23 ás 18.30 horas, Argalleiras trae “Autopista”.