O Concello de Cervo entrega aos máis pícaros premios polo certame de postais
AMariñaXa
No Mercado de Nadal cada un dos 39 participantes recibiu un agasallo
16 Dec 2024
O Concello de Cervo entregou no Mercado de Nadal os galardóns do certame de postais cos seguintes traballos premiados: Daniel Basanta (5 anos), Daniela Ben (6 anos), Xela Fernández (11 anos), Aroa Otero (6 anos), elixida para as felicitacións de Nadal do Concello de Cervo.
Gañaron todos e todas, xa que cada un dos 39 participantes recibiu un agasallo da man da alcaldesa, Dolores García Caramés, que lles quixo agradecer a súa participación e ilusión.