O Concello de Cervo acollerá este sábado o II Trofeo de Marcha Atlética

AMariñaXa
A cita é unha gran oportunidade para os afeccionados á marcha atlética e para aqueles que queren apoiar aos atletas en cada unha das súas categorías
Marcha-Atlética-Cervo
11 Apr 2025

Este sábado, 12 de abril, o Concello de Cervo será o escenario do II Trofeo de Marcha Atlética, unha competición que forma parte do Circuíto Galego.

O evento arrincará ás 11:00 horas e agárdase a participación de aproximadamente 70 atletas de toda Galicia, que competirán nas categorías SUB-12, SUB-10, SUB-14, SUB-16 e absoluta, tanto masculina como feminina, en case todas as franxas de idade.

Desde o Concello de Cervo, invítase aos veciños e visitantes a desfrutar desta emocionante competición e a vivir unha xornada de deporte.

Ademais, agárdase que os participantes aproveiten a ocasión para descubrir todo o que o municipio ten para ofrecer, promovendo así a localidade como un destino turístico e deportivo.

A cita é unha gran oportunidade para os afeccionados á marcha atlética e para aqueles que queren apoiar aos atletas en cada unha das súas categorías.

⚙ Configurar cookies
0.16355895996094