O Concello de Cervo acolle a presentación do programa Erasmus +

AMariñaXa
A sala de exposición das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acolle este xoves o acto de difusión do programa Erasmus +.
erasmus + cervo
18 Out 2023

A sala de exposición das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acolle este xoves o acto de difusión do programa Erasmus +. A actividade comezará a partir das 12.30 horas.

Erasmus + é unha experiencia que compartiron o pasado mes de xullo persoas usuarias da asociación Saúde Mental A Mariña e alumnado do IES Monte Castelo de Burela, que participaron neste programa integrador que se desenvolveu en Italia e tivo como duración unha semana.

Estes mozos e mozas que gozaron da experiencia Erasmus + co apoio do Concello de Cervo e que entenderon que se trata dunha oportunidade única para ampliar fronteiras e contribuír ao seu crecemento persoal, formarán parte do acto.

Na presentación, tamén estarán a rexedora, Dolores García Caramés, a Directora Técnica Xeral e o Presidente de Saúde Mental A Mariña, María José Nóvoa e Jorge Manchado, respectivamente, o coordinador dos programas Erasmus, Marcelino Luna, a directora do Ies Monte Castelo, María del Carmen Naveira, ou o xefe territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Javier Vázquez Nodal, entre outros asistentes.

0.13249111175537