O Concello de Cervo abre o prazo de axudas dirixidas ás Anpas e aos centros escolares

AMariñaXa
Cervo dispón dunha partida de 12.000 euros para as axudas ao transporte escolar para os que cursan estudios fóra do termo municipal
axudas empresas
6 Dec 2023

O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas dirixidas ás Anpas e aos centros escolares do municipio -Ceip de Cervo, Ceip Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-.

A convocatoria permanecerá aberta ata o 21 de decembro.

Tal e como sinalou a rexedora, Dolores García Caraméns, “o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven estas entidades ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a comunidade escolar, e brindarlles ao tempo unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento”.

O rexedor apuntou que “reservamos unha partida orzamentaria de 7.500 euros que se vén sumar a outras axudas que temos dispostas dende o Concello dirixidas á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte”.

As bases están dispoñibles para a súa descarga no taboleiro de anuncios da web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/.

autobus escolar transporte
0.14917492866516