O Concello de Burela organiza un curso de monitor de tempo libre

AMariñaXa

O Concello de Burela organiza un concurso de monitor de tempo libre.

monitor_tempo_libre
monitor_tempo_libre
15 abr 2024

O Concello de Burela organiza un concurso de monitor de tempo libre. Trátase dunha actividade de formación “para impulsar a empregabilidade e a inserción laboral dos nosos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, Carmela López

O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela vai impartir desde este mes de abril un curso de ‘Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil’, dentro da programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este curso permite o obtención do certificado de profesionalidade que acredita o conxunto de competencias profesionais para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral. Dentro da súa programación, contempla un período de prácticas profesionais en empresas.

O curso terá 328 horas lectivas e os requisitos de acceso son contar coa ESO  ou equivalente. Os interesados poden solicitar máis información no Centro de Formación Ocupacional Concello de Burela, no teléfono 982 580 624 ou no mail cfo@burela.org.