O Concello de Burela inaugurará o Barco Parque Rosalía de Castro

AMariñaXa
Será este 28 de novembro ás 17.00 horas
proxecto_do_parque_de_burela
27 Nov 2024

O Concello de Burela inaugurará este xoves, día 28 de novembro, o Barco Parque Rosalía de Castro, renovado co apoio da Deputación de Lugo.

O acto terá lugar ás 17.00 horas. Entre outras melloras realizadas no mesmo, o parque infantil Rosalía de Castro contará agora cun gran barco de xogos. A alcaldesa Carmela López quixo convidar "a rodos os nenos e nenas de Burela á reinauguración do parque, que será toda unha referencia na Mariña".

A obra contou cun investimento de máis de 117.000 euros coa colaboración da Deputación, e incluíu a retirada do mobiliario anterior, a colocación dun novo chan de amortiguación e un novo valado ou a plantación de novos setos.

 

0.16643595695496