O Concello de Barreiros reforza os servizos de salvamento e socorrismo

AMariñaXa
Recibe unha moto de auga e equipamento para tamén dar apoio ás persoas voluntarias de Protección Civil
recepcion-moto-auga-barreiros
25 Nov 2024

O Concello de Barreiros recibiu a moto de auga e equipamento que adquiriu para complementar os servizos de salvamento e socorrismo, así como apoio á actividade da Agrupación de Persoas Voluntarias de Protección Civil.

A alcaldesa, Ana Ermida, amosouse satisfeita de “ter conseguido este equipamento que dá unha maior efectividade e axilidade aos servizos de salvamento e protección civil que se prestan desde o Concello e nos que levamos anos procurando mellorar os medios dos que dispoñen.”

Ana Ermida sinalou que no próximo verán, ademais da moto, agardan poder ter dispoñibles dúas zodiacs para as labores de vixiancia e salvamento da costa barreirense.

A rexedora lembrou a importancia de contar con medios modernos e adecuados para os servizos de emerxencias e nese sentido puxo en valor que xa “é unha realidade a dotación da moto de auga, despois de anos de xestión e busca de financiación para poder contar con ela.” Ermida agradeceu o traballo realizado tanto polo persoal de salvamento e socorrismo como pola agrupación de Protección Civil que “fan que Barreiros camiñe cada día con máis firmeza nas actuacións de emerxencias e conte con máis e mellores medios que nos sitúan na vangarda en casos de intervencións.”

Na entrega participaron membros da Agrupación de Persoas Voluntarias de Protección Civil e do Servizo de Salvamento e Socorrismo. Tamén acudiron o delegado territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Nodal; e Daniel Díaz e Manuel Fernández Meilán, do Servicio Provincial de Emerxencias.

A adquisición da moto e o equipamento supuxo un investimento de 22.670,47 euros, do que 20.000 euros foron sufragados por medio dun convenio entre o Concello e a Dirección Xeral de Emerxencias."

0.17506694793701