O Concello de Barreiros presenta os seus actos polo 25N

AMariñaXa
Proxectarán un documental, haberá unha exposición fotográfica e a lectura do manifiesto
Barreiros-25N-20212
22 Nov 2024

Achégase o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller e desde o  Concello de Barreiros programan unha serie de actividades e actos para conmemorar este día convidando a toda a veciñanza a participar.

O domingo 24 ás 18.00 horas no centro sociocultural de San Cosme terá lugar a proxección do documental 'En deuda con todas. A loita pola despenalización do aborto no Salvador. O dereito a decidir sobre os nosos corpos. Cuestión de xustiza'. Logo da proxección, seguirase cun espazo de reflexión para coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+.

Esa mesma tarde, no centro sociocultural, inaugurarase a exposición fotográfica 'Elas deciden: mulleres do mar de El Salvador e Galicia tecendo redes'. Esta mostra visibiliza o papel das mulleres na pesca artesanal en Galicia e El Salvador, destacando a súa capacidade de iniciativa e participación nun sector que, tradicionalmente é masculinizado e con sesgos de xénero en canto ao repartimento de tarefas.

A concelleira de igualdade, Montse Porteiro sinala que: “Quixemos contar en Barreiros con esta exposición que, aínda que Barreiros non ten porto pesqueiro, si ten unha longa tradición no marisqueo polo que nos gustaría poñer en valor e recoñecer o labor das mariscadoras. Con esta exposición queremos renderlles homenaxe a todas as mulleres que desenvolveron e desenvolven esta dura profesión”.

O luns 25 de novembro terá lugar a lectura do manifesto 25N ás 12.00 horas na Praza do Concello ao que animan a participar a toda a veciñanza.

0.087686777114868