O Concello de Barreiros dá a coñecer as normas polas que se regulan as fogueiras de San Xoán e San Pedro

AMariñaXa
A comunicación realizada para as fogueiras de San Xoán e San Pedro só dará cobertura a aquelas acendidas entre as 19.00 horas e ás 01.00 horas da madrugada
San Xoán
San Xoán
11 Xuño 2024

O Concello de Barreiros vén de publicar o bando no que se pon en coñecemento da poboación as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán do 23 xuño e San Pedro do 28 xuño.

Desta maneira e tras as conclusións de dito bando, só se permite a realización de fogueiras en espazos públicos a asociacións ou entidades legalmente constituídas previa solicitude por escrito.

Ademais, tamén establece que queda terminantemente prohibida a realización de fogueiras en espazos naturais como praias, montes ou calquera outro espazo de sensibilidade natural e/ou ecolóxica.

A realización das fogueiras debe notificarse telefonicamente chamando ao 982.124.002 ou por medio de correo electrónico rexistro@concellodebarreiros.gal con data límete o día anterior á realización da fogueira ás 14.00 horas para a súa comunicación ao Distrito Forestal.

A comunicación realizada para as fogueiras de San Xoán e San Pedro só dará cobertura a aquelas acendidas entre as 19.00 horas e ás 01.00 horas da madrugada das datas correspondentes.

0.18198180198669