O Concello de Alfoz publicou o proceso selectivo demanial da cafetería da Casa da Cultura
AMariñaXa
O Concello de Alfoz publicou o proceso selectivo demanial da cafetería da Casa da Cultura por concorrencia competitiva.
27 Maio 2023
O Concello de Alfoz publicou o proceso selectivo demanial da cafetería da Casa da Cultura por concorrencia competitiva.
A cota anual mínima a ofertar é de 2.067,12 euros, é dicir, 172,26 euros/mes. E para a presentación de proposicións haberá que adxuntar o modelo de declaración responsable, a oferta económica, os compromisos de melloras, fotocopia de DNI, e os certificados de estar ao corrente nas obrigas tributarias.
As proposicións poderán presentarse no rexistro da Corporación ou por correo postal
Toda a información na Sede Electrónica do Concello de Alfoz (taboleiro de anuncios) e na sección de noticias da web, www.concellodealfoz.com