O Concello de Alfoz programa un curso de primeiros auxilios

AMariñaXa
O Concello de Alfoz programa para os días 12 e 26 de marzo un curso de primeiro auxilios práctico e o teórico.
curso primeiros auxilios alfoz
curso primeiros auxilios alfoz
20 Feb 2023

O Concello de Alfoz programa para os días 12 e 26 de marzo un curso de primeiros auxilios práctico e o teórico. Estas citas será en horario de 17.30 a 19.30 horas. O do domingo 12 será na escola de Bacoi e a do 26 na do Chao, O Pereiro.

Estarán impartidos por persoal sanitario e serán totalmente de balde. Están abertos a todas as persoas interesadas en aprender técnicas que poden salvar vidas, recoñecer os síntomas dun ictus ou dun infarto, facer a reanimación cardiopulmonar, cómo actuar nun atragantamento ou ante unha hemorraxia.

Para inscribirse só hai que chamar ao 982 558 001 ou pasar polo Concello.

curso primeiros auxilios alfoz
0.18634104728699