O Concello de Alfoz atópase inmerso en diferentes obras
O Concello de Alfoz atópase inmerso en diferentes obras de mellora da contorna, así o seu alcalde Jorge Val, que informou de que xa comezaron varias delas.
As obras de construción da nave almacén de maquinaria, nas que a Deputación fixo unha achega de 115.300 euros, que se levanta na Granda de San Pedro, xunto á piscina municipal e o colexio, mentres que o Concello aporta 4.435 euros.
“Esta nave é moi necesaria porque agora mesmo a maquinaria municipal estase gardando ó aire libre, o que, ademais de expoñela a roubos, que xa se teñen producido, acelera o seu deterioro e provoca avarías que, de estar resgardada, non se producirían”, explicou o alcalde.
Por outra banda tamén comezaron as da ponte de Guilifonso, pois “terá unha duración dun mes”, di Val. Estas tarefas son para a reposición da ponte xa que foi derrubada durante un temporal por unha enchente. As obras de construción teñen un orzamento de 100.000 euros.
Así mesmo, "estamos cos sumidoiros e as melloras do alumeado nas parroquias", di o rexedor alfocego, "tamén comezamos cos asfaltados nos camiños rurais, unhas tarefas faranse con cargo ao PEIN, plan de melloras de infraestruscturas".
No tocante ao deporte o Concello xa comezou a pista de pádel nunha parcela fronte do Concello con cargo a unha subvención de preto de 30.000 euros. “Esta obra vai a bo ritmo e terá que estar rematada en outubro”, informou Val.