O Concello de Alfoz abriu a convocatoria a selección dun arquitecto técnico

AMariñaXa
O Concello de Alfoz abriu a convocatoria para o proceso de selección dun arquitecto técnico.
20 Mar 2024

O Concello de Alfoz abriu a convocatoria para o proceso de selección dun arquitecto técnico. Este posto estará adscrito á área funcional de urbanismo, obras e servizos, desenvolvemento local, medio ambiente e medio rural do Concello de Alfoz.

É un posto correspondente ao Grupo A, Subgrupo A2, e será mediante o sistema de concurso oposición libre.

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar mediante a presentación dunha instancia, que ten de prazo 20 días hábiles dende o 20 de marzo do 2024.

0.16566610336304