O concelleiro de Deportes de Ribadeo coñeceu de primeira man o Club de Petanca
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, visitou o Club de Petanca de Ribadeo e mantivo un encontro cos seus responsables.
Silvent contou que “nos achegamos a visitar o Club de Petanca de Ribadeo, para coñecer máis de preto a actividade que desenvolven desde hai tempo na nosa vila. Quixemos escoitar a súas inquedanzas e as súas experiencias”.
O edil de Deportes dixo: “desde a Concellería de Deportes estamos dispostos a colaborar co Club de Petanca de Ribadeo en todo o que poidamos, ao igual que o facemos con outras entidades e clubs similares”.
Para o concelleiro ribadense “reunirse para a práctica dun deporte ou xogo tradicional sempre é bo polo que implica para a socialización e as relacións entre as persoas e sobre todo pola recuperación e o mantemento das nosas tradicións”.
A petanca e a billarda estiveron presentes un ano máis no Ribadeo Indiano e o Concello aproveitou a ocasión para facerlles entrega duns agasallos a ambos clubs.