O comité de empresa de Alcoa denuncia un “desinterese” por parte do PSOE no futuro da fábrica

AMariñaXa
Aseguran que pediron unha reunión con José Ramón Besteiro e Patricia Otero pero que aínda non recibiron resposta
Besteiro-Alcoa-visita-2023
Besteiro-Alcoa-visita-2023
8 Xul 2024

O comité de empresa de Alcoa denuncia un “desinterese” por parte do PSOE no conflito da fábrica. Lembran que o día 16 do pasado mes de xuño solicitaron reunións co Partido Socialista. Nela pedían a asistencia de José Ramón Besteiro e Patricia Otero para “aclarar o que nos trasladara en decembro e en precampaña electoral sobre os parques eólicos dos que dependía Alcoa estaban salvados”.

Porén aseguran que despois de estar 10 días sen resposta envían outra solicitude de xuntanza o día 28, “á que tampouco contestan”. Deste xeito, volven pedir outra reunión o día 2 deste mes e “seguimos sen ter ningún tipo de resposta a ambas solicitudes aínda aberto o correo”. Esto significa para o comité “un desinterese un despropósito por parte do partido no goberno que parece desentenderse da difícil situación que está atravesando tanto o complexo de Alcoa en Sin Cibrao como os seus traballadores e habitantes da Mariña”.

Por iso, piden unha vez mías a implicación de aqueles que “prometeron solucións,  sobre uns parques eólicos indispensables para o futuro da factoría e que como nos prometeron medien con Transición Ecolóxica que é o lugar onde nos dixo o técnico do Goberno que é onde teñen que tomar a decisión política”.

0.18173599243164