O Comité de empresa de Alcoa concéntrase en Ribadeo
O Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao convoca unha concentración este sábado 23 ás 11.30 horas na Estación de Autobuses de Ribadeo. Pola defensa do futuro da Mariña, trasladan: "Esiximos a implicación dos Gobernos de España e da Xunta de Galicia na resolución do problema e deixen de mirar cara outro lado. A Mariña sálvase loitando".
Desde o Comité animan a participar na mobilización porque cren que "hai que seguir apretando dado que o Goberno non dá sinais de vida, a Xunta, polo que sabemos, tampouco nos comunica nada e Alcoa segue incumprindo o acordo, sen convocar reunións e sen ter nada enriba da mesa".
"O triste é que parece ser que imos chegar outra vez a Nadal e Alcoa nos agarda cunha carta que esta vez si que vén asinada polo Goberno de España e a Xunta de Galicia", expresan desde o Comité.