O Comandante Naval da Coruña e Ferrol visita Ribadeo

AMariñaXa
O rexedor, Dani Veiga, explicou que colaborarán e que ofrecen unha proposta interesante
181124-Foto-visita-Comandante-Naval-a-Ribadeo
19 Nov 2024

O Comandante Naval da Coruña e Ferrol, Javier García, visita Ribadeo e foi recibido no Concello polo alcalde, Dani Vega.

O rexedor explicou que “dentro das visitas que estamos tendo en Ribadeo, recibimos ao Comandante Naval da Coruña e de Ferrol, o capitán de Fragata Javier García, que nos expuxo todo o tipo de propostas e de colaboracións que vamos ter con eles. E desde logo parécenos unha proposta interesante para tamén ter unha relación cos institutos, cos centros educativos e tamén co traballo que realiza en toda esta zona, desde Ribadeo ata A Coruña”.

Vega engadiu: “Nós dentro da colaboración que estamos tendo con todas as administracións, creo que é positivo seguir nesta liña”.

0.15900206565857