O Colexio Martínez Otero de Foz acollerá un campus de baloncesto e praia

Foz
AMariñaXa
O Colexio Martínez Otero de Foz acolle un campus de baloncesto e praia do 31 de xullo ao 6 de agosto destinado a nenos de 8 a 18 anos.
25 Xuño 2022

O Colexio Martínez Otero de Foz acolle un campus de baloncesto e praia do 31 de xullo ao 6 de agosto destinado a nenos de 8 a 18 anos.

Desde a organización cren que os períodos vacacionais son un excelente momento para promover a aprendizaxe do baloncesto. Por iso o seu principal obxectivo é o de implicarse na mellora dos fundamentos principais e o perfeccionamento técnico e táctico dos xogadores e xogadoras, que ás veces se ve relegado a un segundo plano.

Para conseguilo, planificarán sesións específicas de adestramentos xunto a competicións, baixo a supervisión dun equipo de adestradores cualificados. Tamén terán visitas de profesionais, praia, actividades de tempo libre…

Máis información e dúbidas no 641 275 994 ou no correo drocer@recordeventos.com ou campusfoz@gmail.com. E pódese facer a inscrición no seguinte enlace.

 

0.15971398353577