O Colectivo Cultural Ollomao presenta a súa nova obra en Alfoz

AMariñaXa
É unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Postguerra
o_traballo_de_andrea_ollomao
Cartel da cita
6 Xuño 2024

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta en Alfoz a súa obra de teatro O traballo de Andrea, un texto orixinal de Ignasi García Barba adaptado e traducido por Ramón Casas Oroza, este sábado. Terá lugar a partir das 20.30 horas na Casa da Cultura.

É unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe.

É un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama dunha vida que está empezando e que se ve envolta nun mundo de segredos que ninguén quere, aparentemente, desvelar. E ao mesmo tempo, o drama do seu mundo persoal no que tamén hai segredos difíciles de asumir.

0.20381498336792