O Club Siero Clásicos organiza en Vegadeo o 3º Rallye Terras do Eo
O Club Siero Clásicos, organiza en Vegadeo en colaboración co Automovil Club Vegadeo, o sábado 17 de setembro, o 3º Rallye Terras do Eo, de Clásicos Deportivos de regularidade para Vehículos Históricos.
A saída será ás 10.00 horas do parque do Medal de Vegadeo e a meta e fin do Rally está programado para as 14.30 horas. Acto seguido será a entrega de premios e unha comida de confraternización. A Organización outorgará trofeos ás distintas categorias do Campionato de Asturias de Regularidade Historica.
Serán admitidos a participar os vehículos fabricados e comercializados, polo menos 25 anos antes do 17 de setembro de 2022. As réplicas deberán ter tamén máis de 25 anos.
O boletin de inscrición, debidamente cuberto en todos os apartados, debera ser remitido antes do peche de inscricións o día 12 de setembro ao Automovil Club Vegadeo, info@automovilclubvegadeo.es e www.automovilclubvegadeo.es.
Establécese un máximo de 90 equipos,sendo a elección por rigorosa orde de recepción da inscrición.