O Club Shitokai Galicia A Mariña logra catro novos cintos negros

O Club Shitokai Galicia A Mariña de Ribadeo sumou catro novos cintos negros oficiais ao seu palmarés tras a celebración do exame do Tribunal Nacional de Graos organizado pola FAKYDA en Oviedo.
Os karatecas Carlos Fernández e Elena Dovale acadaron o 2º Dan, con especial mención á “inestimable colaboración de Alejandra Gómez nos traballos técnicos por parellas”, segundo destaca o club. Pola súa banda, Gael Álvarez e Cristian Rancaño lograron o seu primeiro Dan, converténdose tamén en cintos negros recoñecidos pola Real Federación Española de Karate (RFEK).
Con estes resultados, o club ribadense alcanza a destacada cifra de 160 cintos negros oficiais recoñecidos polo Consello Superior de Deportes, un fito que reflicte o traballo constante e o alto nivel técnico da entidade mariñá.
Desde o club destacan “o magnífico traballo realizado por todos os aspirantes”, que superaron con éxito unha proba esixente a nivel estatal e que supón un novo paso adiante na súa traxectoria dentro do karate federado.