O Club Piragüismo Altrúan de Ribadeo conseguiu varios ouro no LIII Campionato de España de Novas Promesas

AMariñaXa
O Club Piragüismo Ribadeo conseguiu varias medallas de ouro no LIII Campionato de España de Novas Promesas Cadete e Infantil
_Elena González Rico y Elena Justo Carballeira altruan
31 Mar 2023

Esta pasada fin de semana disputouse no encoro de Arcos de la Frontera, Cádiz, o LIII Campionato de España de Novas Promesas Cadete e Infantil, competición que reuniu a 1.071 deportistas procedentes de 108 clubs.

O Club Piragüismo Altrúan de Ribadeo acudiu cunha prometedora representación de padeeiros que lles permitiu facer un papel sobresaliente, sobre todo na categoría infantil A K1 3.000 metros, onde a ribadense Elena González Rico logrou o ouro. Na mesma categoría, pero en infantil B, Manuela Lastra Castrillo tamén lograba o ouro. E por último, tamén logrou o ouro na categoría de paracanoe Elena Custo Carballeira.

Elena González Rico y Elena Justo Carballeira altruan
0.15157413482666