O Club Palmeiro acolle a décima tirada de bolos de Xove

AMariñaXa
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a décimatirada no Club Palmeiro onde participaron 26 xogadores.
bolos celtas xove
19 Xan 2022

O club de Bolos Xove celebrou unha nova tirada de bolos nesta ocasión co comezo de ano no Club Palmeiro e na que participaron 26 xogadores.

Foi unha tarde agradable e cunha moi boa temperatura o que fixo que esta primeira tirada da segunda volta do campionato (10ª no cómputo xeral)  tíñase que haber celebrado o pasado 16 de decembro, pero unha serie de vicisitudes fixo que houbera que anulala, non sendo posible recuperla.

Dado o apretada que está a cabeza na Liga Senior Masculina non é estrano que haxa cambios na clasificación. O vixente campión, Miguel López, cos 13 puntos sumados nesta tirada (12 pola victoria + 1 pola mellor bolada) consigue auparse ao liderato, pero con só 2 puntos de vantaxe sobre Francisco Pérez. Francisco Pérez, que non pasa polo seu mellor estado físico, e inda así defendeuse, conseguindo amarrar a 3ª posición na tirada. Terceiro na clasificación está Daniel Alonso, que pese a non ter unha tarde moi brillante, conseguiu salvar os mobles cos 5 puntos conseguidos. En cuarto lugar Rafael González, moi cerca do trío de cabeza e aínda con todas as posibilidades de alcanzar a cabeza da táboa nas 7 tiradas que quedan.  A partir de aquí ábrese unha brecha e atópanse Jordi Meitín, Moisés Rodríguez, J. Manuel Cociña, Javier Alonso e César Cancelos no entorno dos 40 puntos.

Na Liga Senior Feminina foi a quinta victoria consecutiva da vixente campiona. Julia López, con 60 puntos e unha renda de 27, e vai ter moi fácil conseguir un novo título.  Por detrais Belén Meitín e Carmen Roca pelexan polo 2º posto, con vantaxe, polo momento, para primeira; os 7 puntos que as separan son poucos tendo en conta as 7 xornadas que quedan por disputar.

Tendo en conta que as 5 primeiras desta categoría teñen trofeo e premio en metálico, teríamos a Julia López para primeira praza, a Belén e Carmen peleando pola 2ª e a 3ª, e a Concepción Piñeiro, Dolores Baño e Salomé Bermúdez puxando polas dúas prazas restantes do podium final.

Na Liga Sub 16 a pugna segue pechada entre Xenxo Salgueiro, que non afloxa, e Christian Cociña, que segue apretando. A victoria de Xenxo, segunda consecutiva, só lle permite aumentar a rendan un punto máis, polo que a clasificación  prácticamente non varía. Tamén Naia Cancelos consigue recortarlle un punto ao seu irmán  Jordi, quedando agora a un só punto.

A próxima tirada vai celebrarse no Centro Social de Monte o vindeiro sábado 22 de xaneiro de 2022.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampión: José Rafael González Bermúdez

Terceiro: Francisco Pérez González

Sénior maiores de 60

Campión: José López Riveira

Subcampión: José González Rodríguez

Terceiro: Arturo Rodríguez Álvarez

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampión: Christian Cociña González

Terceiro: Naia Cancelos Martínez

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampiona: Concepción Piñeiro López

Terceira: Carmen Roca Corral

0.21120691299438