O club Isla Pancha e o CHL Meigas organizan un campus de hóckey en Ribadeo
O club Isla Pancha e o club Meigas de Lugo organizan un campus de hockey en Ribadeo en colaboración co Concello. A cita, na que se reunirán deportistas de nivel nacional, será do 30 de xuño ao de 5 xullo.
Entre outros participarán Tommy Soeder, Andreu Tomàs e Juan Escudero. Está dirixida a nenos nacidos do 2015 en diante e ten a opción de pensión completa ou media pensión. Traballarase a táctica, faranse charlas sobre o reglamento, adestramentos técnicos, sesións específicas de tiro e traballo de porteiros dentro e fóra da pista.
Ademais, haberá clases de surf, análise de vídeos e torneo interno e all-star. As inscricións xa están abertas e pódese facer a través do correo inscricpiones@chlmeigas.com e solicitar máis información no 665 698 717.