O Club de Remo Celeiro organiza a regata Liga Zona Norte de Bateis

AMariñaXa
O Club de Remo Celeiro organiza a regata liga zona norte de bateis que será na ensenada do porto o vindeiro sábado 26 de febreiro.
club remo celeiro
19 Feb 2022

O Club de Remo Celeiro organiza a regata Liga Zona Norte de Bateis que será na ensenada do porto o vindeiro sábado 26 de febreiro.

Esta competición dará comezo ás 16.00 horas, e é parte da Liga Galega de Bateis onde cada club organiza a súa e despois  é o Nacional.

Este club conta con máis de medio século de historia e é unha das institucións máis lonxevas do Concello de Viveiro. Está formado por medio milleiro de rapaces que forman cinco tripulacións.

0.073976993560791