O Club de Natación PortaMiñá de Lugo realizou unhas xornadas de preparación en Cervo

AMariñaXa
A alcadesa Dolores García Caramés dá a benvida ao club na praia do Torno, desexándolles éxito para a nova tempada
Imaxe dos nadadores do PortaMiñá de Lugo en Cervo
9 Sep 2024

O Concello de Cervo acolleu unha vez máis ao Club de Natación PortaMiñá de Lugo, que desfrutou de varias xornadas de preparación para afrontar a nova tempada. A alcadesa, Dolores García Caramés, recibiu á expedición na praia do Torno, onde tamén se atopou co presidente do club, Fernando Timiraos.

Durante a súa visita, García Caramés expresou o seu entusiasmo por recibir ao club e desexou moitos éxitos aos nadadores nos seus próximos desafíos deportivos. O Club PortaMiñá, que leva máis dunha década elixindo Cervo para as súas xornadas de convivencia e deporte, volveu a encontrar no municipio o ambiente ideal para preparar a nova tempada.

O Concello de Cervo reitera o seu agradecemento ao club por escoller novamente o municipio como o seu destino de preparación estival e deséxalles moito éxito na súa próxima tempada.

0.18098497390747