Celebrouse a última tirada deste XXXIV Campionato Municipal de Bolos de Xove
Por Mario Eijo.
Celebrouse a última tirada desta XXXIV edición do Campionato Municipal de Bolos de Xove. Ao remate da tirada e coas clasificacións feitas, pasouse á entrega de premios e trofeos, acto no que estiveron o alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.
No que respecta aos inscritos desta última tirada temos que decir, tendo en conta a normativa do campionato, que non todo o mundo se puido apuntar; exclusivamente os que cómo mínimo houberan participado en 4 tiradas pudieron participar nesta última, xa que as normas obrigan, en todas as categorías, a ter participado como mínimo en 5 tiradas para poder optar aos premios finais. Se ás catro tiradas realizadas como mínimo lle sumamos esta tirada final xa temos as 5 tiradas imprescindibles para optar aos premios e á clasficación final. En total participaron 29 xogadores nesta última tirada.
Na liga sénior masculina, Miguel conseguiu o seu quinto campionato absoluto consecutivo, sumado aos conseguidos nas temporadas 18-19, 19-20, 20-21 e 21-22Dada a súa xuventude e o seu potencial estamos seguros de que non vais ser o último.
Dentro desta categoría hai un apartado adicado aos xogadores maiores de 60 anos, dado que os tres xogadores maiores da citada idade que conseguiran máis puntos durante a liga regular teñen dereito a tres premios.
Na sénior feminina, Julia rematou a tempada cunha victoria imponente, xa que se foi aos 299 tantos, que para súa categoría é unha cifra espectacular. Nunha carreira deportiva paralela á de seu irmán, sumou o seu 5º título consecutivo, xa que ao deste ano hai que engadirlle os conseguidos nas temporadas 18-19, 19-20, 20-21 e 21-22.
Na sub 16 a victoria finalmente foi de Jordi Cancelos, que consigue o seu primeiro entorchado na súa categoría, iso sí, moi igualada coa súa irmá Naia, que fixo tamén unha temporada impoñente.
CLASIFICACIÓN.
Sénior masculina.
- 1º: Miguel López
- 2º: Daniel Alonso
- 3º: Javier Alonso
- Mellor bolada do campionato: Francisco Pérez González con 108 tantos.
Maiores de 60.
- 1º: José González
- 2º: Arturo Rodríguez
- 3º: José López
- Trofeo ao xogador de maior idade: José López de 79 anos.
Sénior feminina
- 1º: Júlia López
- 2º: Belén Meitín
- 3º: Salomé Bermúdez
- Mellor bolada do campionato: Júlia López con 88 tantos.
Sub 16
- 1º: Jordi Cancelos
- 2º: Naia Cancelos
- 3º: Christian Cociña
- Mellor bolada do campionato: Jordi Cancelos con 71 tantos.