O club de Bolos Xove celebrou a quinta tirada no centro social do Cruceiro
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a quinta tirada no centro social do Cruceiro onde participaron 29 xogadores.
Foi unha tarde agradable para desfrutar dun bo campo de xogo na que a cabeza da categoría sénior hai un grupo de xogadores que que están destacando e sacando unha interesante renda aos seus competidores. O líder, Francisco Pérez, inda que vé a súa renda diminuída, continúa forte e sumando puntos. A victoria do mozo Daniel Alonso aúpao á terceira posición da xeneral, a só dous puntos de Rafael González.
No tocante a liga feminina sorprendeu Belén Meitín xa que era de esperar que a actual campiona Julia López fora a gañadora, pero polo momento non é así. Das 5 tiradas celebradas ata o momento, Julia gañou 2, Belén outras dúas e Concepción Piñeiro gañou outra. Por detrais Carmen e Concepción tentan seguirlles o rítmo a estas dúas, pero veremos se o consiguen.
Na sub16 o principal favorito está a ter unha competencia máis dura do inicialmente previsto. Xenxo Salgueiro domina o campionato con 28 puntos, pero Christian é segundo con 23, gañándolle ademáis a Xenxo nas tres últimas tiradas. Prevese, polo tanto, unha máis que interesante loita polo liderato nesta categoría.
A próxima tirada vai celebrarse no centro social da Vara o vindeiro sábado 20 de novembro.
Así, foron os resultados:
Sénior
Campión: Daniel Alonso López
Subcampeión: Miguel López Formoso
Terceiro: José Rafael González Bermúdez
Sénior maiores de 60
Campión: José González Rodríguez
Subcampeión: JosçeLópez Riveira
Sub16
Campión: Christina Cociña González
Subcampeión: Xenxo Salgueiro Franco
Terceiro: Naia Cancelos Martínez
Feminina
Campiona: Belén Meitín Rouco
Subcampeiona: Julia López Formoso
Terceira: Carmen Roca Corral