O club de Bolos Xove celebrou unha nova tirada
Por Mario Eijo Barro.
Tarde soleada e agradable. Campo en malas condicións, moi duro, sobre todo para Liga Sub 16 e a Liga Sénior Feminina; tamén os seniors sufriron o seu, habendo moitas cucadas ao longo da tarde.
Excelente participación, con 4 xogadores na liga Sub 16 e 9 na Sénior Feminina. Neste sentido, a Concellería de Derportes, xunto co Departamento de Deportes do Colexio Pedro Caselles, está preparando unhas Xornadas de Promoción deste deporte pola que ser pretende que pasen todos os alumnos/as de 1º a 6º de primaria, e das cales informaremos con posterioridade.
Na liga Masculina foi a segunda victoria consecutiva de Javier Alonso, mozo de 18 anos recén cumplidos que afronta a súa terceira temporada na categoría. A verdade é que está xogando a un nivel altísimo, cunha confianza impropia da súa idade. Trátase dun xogador pertencente á nova fornad que ven pisando forte, algúns xa consagrados como Miguel López e Daniel Alonso, e outros como Javier e agora Xenxo Salgueriro, que van a tomar o relevo, xa o están tomando, da mítica xeneración de Arturo Vigo, Rafael González, …. Con isto non queremos dar por finiquitados a esa gran xeneración, xa que xunto cos citados temos xogadores como Francisco Pérez, Jordi Meitín, Ginés Rodríguez, e un longo etc. que inda están rendindo a un gran nivel e lles quedan, esperemos e desexamos, bastantes anos de boa vida deportiva.
A clasificación, con só tres xornadas disputadas, está encabezada por Javier Alonso e Miguel López. Iso sí, a destacar quer un xogador xove como Daniel Alonso pensamos que debe estar máis arriba na clasificación, xa que comezou a temporada en baixa forma, cun xogo irregular.
Con respecto á pasada temporada, recuperamos tres xogadores que por distinto motivo non participaron prácticamente na liga pasada. Ademáis de Arturo Vigo, do que xa falamos, recuperamos a José Manuel Cociña e a Sócrates Campo, o que sen dúbida vai enriquecer a competición.
Na liga Feminina houbo victoria da veterana Salomé Bermúdez que foi capaz de doblegar á lideresa Julia López, cortándolle de paso a súa racha victoriosa. Julia con 18 e Salomé con 12 comandan a clasificación, con Belén Meitín un pouco distanciada e con só 6 puntos.
Na Sub 16 tiveron 4 participantes e a clasificación está comandada polos irmáns Jordi (10 puntos) e Naia (8 puntos) Cancelos, seguido de Christian Cociña e o xovencísimo David Vigo.
A vindeira tirada, que en principio íase celebrar en Xove, houbo que cambiala, quedando as dúas seguintes tiradas o sábado 5 de novembro no centro social de O Cruceiro e o sábado 12 no campo munipal de fútbol de Xove.