Unha tirada de bolos complicada polas condicións do terreo na Vara de Xove

AMariñaXa
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a quinta tirada  no centro social do Cruceiro onde participaron 29 xogadores.
tirada bolos xove cruceiro 1
25 Nov 2021

O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a sexta tirada  no centro social da Vara onde participaron 31 xogadores.

Foi unha tarde agradable nun campo de xogo irregular o cal se lle fixo moi duro, en especial as categoría Sub 16 e feminina, na que a vixente campiona Julia López volve a ampliar a súa renda grazas á victoria obtida nesta tirada de A Vara, e só Belén Meitín lle está aguantando o tirón. Despois ven un grupo de catro xogadoras cunhas diferenzas mínimas puxando pola terceira posición. Nesta categoría estamos sorprendidos pola alta paticipación, entre 8 e 10 participantes cada tirada.

No tocante a liga masculina, esta conta cun líder sólido, Fran Pérez, aínda que non logra despegarse, mantén unha importante solidez no seu xogo, puntuando ata o momento e todas as tiradas e sempre do medio para riba, xa que a súa pior clasificación nestas tiradas foi un sexto posto. Sen dúbida, nas 12 tiradas que quedan, Fran vai pelexar  polo seu primeiro título; ambición non lle falta e se continúa con este nivel de xogo vai chegar ao final con garantías de victoria.

Por detrás, Rafa González, a só 7 puntos e que está tamén  a facer unha gran termporada; Rafa está desquitando moi ben e iso posibilítalle esa posición de privilexio na táboa. Daniel Alonso, que comparte a segunda posición con Rafa, tamén está facendo unha gran tempada, cun xogo moi regular e mellorando semana a semana.

En cuarta e quinta posición respectivamente, Miguel López, campión das dúas últimas temporadas, e José Manuel Cociña, este último felizmente  recuperado para este deporte despois de superados certos problemas físicos. No caso de Miguel, polo momento inda non alcanzou o nivel de temporadas pasadas, e está máis fallón nos desquites.

Na sub16 foi a cuarta victoria consecutiva de Christian Cociña coa cal ponse a un só punto de Xenxo. A verdade é que Christian está xogando moi ben, cun excelente nivel.Poal súa banda Xenxo está pasando un bache,  está xogando con pouca confianza, pero non queda ningunha dúbida que vai remontar; é un gran xogador cun gran futuro por diante. Así e todo, o que queda de tempada vai ser un man a man entre eles dous por ver quen se fai coa victoria final. Por detrais os irmáns Cancelos Martínez, Jordi e Nai, pelexan pola tereira posición.

A próxima tirada vai celebrarse no centro social de Sumoas o vindeiro sábado 27 de novembro.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Ginés Rodríguez Fernández

Subcampeión: Daniel Alonso López

Terceiro: José Rafael González Bermúdez

Sénior maiores de 60

Campión: Arturo Rodríguez Álvarez

Subcampeión: José González Rodríguez

Terceiro: José López Riveira

Sub16

Campión: Christina Cociña González

Subcampeión: Jordi Cancelos López

Terceiro: Xenxo Salgueiro Franco

Feminina

Julia López Formoso

Campiona: Julia López Formoso

Subcampeiona: Dolores Baño Fraga

Terceira: Belén Meitín Rouco

0.19917702674866