O Club de Bolos de Xove volveu brillar no campionato de España de bolo celta
O pasado fin de semana xogouse nos campos de Camos, en Nigrán, o campionato de España de bolo celta categoría mixto no que participaron 30 parellas de Asturias e Galicia.
Os irmáns Julia e Miguel López Formoso, xogadores do Club de Bolos Xove, fixéronse co seu segundo título de campións de España xa que o ano pasado xa foran campións.
Aínda que partían como favoritos en cuartos de final, estivo a punto de saltar a sorpresa xa que a parella formada por Daniel Alonso e Raquel Cociña, tamén do Club de Bolos Xove, estiveron a punto de eliminar aos irmáns López Formoso, malia a partida decidiuse por un apretado 5 a 4.
Nas semifinais Julia e Miguel gañaron facilmente por 5-2 á parella formada por Paula Lopez de Boiro e Javier Parada de Nigrán.
Na final esperaban Sandra Cordero, campiona de España feminina, e Jaime Rodríguez, un xuvenil con gran futuro neste xogo.
Aínda que puidera parecer que sería unha partida equilibrada, os irmáns López Formoso gañaron fácilmente por dúas partidas a cero (4-0 e 4-3).
Parece que Julia e Miguel están destinados a marcar unha época tanto en categoría mixta como en individuais, xa que Julia a pesar dos seus 17 anos xa ten varios campionatos de España e incluso en categoría xuvenil competindo con xogadores masculinos.