O club de bádminton O Cembedo de Viveiro logra unha prata e dous bronces en Ourense

AMariñaXa
O Club Bádminton O Cembedo, o único federado de toda a provincia, continúa colleitando moi bos resultados.
club_o_cembedo_ourense
10 Abr 2024

O Club Bádminton O Cembedo, o único federado de toda a provincia, continúa colleitando moi bos resultados. O pasado sábado día 6 de abril tres representantes do club acudiron a Ourense para disputar o TTR N6 Sénior Mestre Vide.

Os xogadores logran deste xeito dous bronces e unha prata. Deste xeito, Marta Castro e Jorge Santamariña lograon un terceiro posto na modalidade DX C1-C2 e Iván Suárez-M. A. Cadenas tamén conseguiron a terceira posición no DM B1.

Pola súa parte, Marta Castro -Dolo Sarmiento fixéronse co segundo posto na categoría DF C1. A próxima cita para o club mariñán será a vindeira fin de semana no Circuíto Senior Nacional de Medina del Campo onde acudirán Marta e Jorge.

0.11296081542969