O Club de Atletismo Ría de Foz trazou o camiño para a nova tempada
AMariñaXa
A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz xa trazou o camiño para a nova tempada no que contarán con grupos de adestramento adaptados
20 sep 2021
A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz xa trazou o camiño para a nova tempada 2021/2022, así, contarán con grupos de adestramento adaptados a todos os niveis, categorías inferiores para nenos de 7 a 16 anos e absoluta para maiores de 16.
O mes de outubro será o mes de proba e servirá para coñecer o mundo do atletismo sen compromiso.
E o día 1 de outubro haberá unha reunión informativa aberta ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Foz que versará sobre a planificación da tempada e ademais será a oportunidade perfecta para preguntar todas as dúbidas.
Para máis información haberá que chamar ao 659 996 670.